Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2020

Concerto de Nadal 2020 adicado ás Residencias de Maiores

Imaxe
Sempre polo Nadal, o Equipo de Convivencia organiza unhas saídas a centros de maiores de Ferrol, onde o noso alumnado comparte a súa música cos residentes destes centros. É unha experiencia moi fermosa, tanto para os nosos alumnos e profesores, como para os maiores que nos reciben sempre cun gran sorriso e moita emoción. Este ano, lamentablemente por culpa da COVID-19, resultábanos imposible realizar esta actividade, pero queríamos que o Xan Viaño estivese presente un ano máis nestas datas tan especiais de Nadal. Por iso, tras contactar co persoal das residencias, xurdiu a idea de facer un video no que os nenos e nenas do Xan Viaño puidesen tocar unha peza ou panxoliña e adicarlla aos nosos queridos maiores nestes momentos especialmente difíciles para eles. A iniciativa tivo moi boa acollida entre o alumnado polo que tivemos que repartir en dous videos o concerto, para que logo á hora de que o visualicen nos centros, poida adaptarse mellor a horarios e ritmos dos residentes. Compartimo

II Parladoiro do Xan Viaño en tempos de pandemia

Imaxe
  E así rematamos este ano, con este emocionante reencontro!   O equipo de Dinamización da convivencia quere agradecer aos seis ponentes desta segunda edición que aceptaran a nosa invitación, é un orgullo para o Xan Viaño que os nosos antigos alumnos e alumnas axuden ás futuras xeracións!   Interesantísima e útil toda información a de hoxe, pasamos un rato ben agradable.   Grazas, de todo corazón!

Concerto no Teatro Jofre: As mulleres na música galega

Imaxe
  O equipo de Dinamización da Convivencia, comprometido coa reinvidicación do papel da muller na música, anímavos a asistir a este interesante concerto! Ten ademáis tres grandísimos alicientes, Sofía Oriana Infante foi alumna do Xan Viaño, e recentemente colaborou con este Equipo de Dinamización da Convivencia no I Parladoiro do Xan Viaño, será no fermoso teatro Jofre da Ferrol, e está adicado ás mulleres na música galega. Que máis se pode pedir? Vémonos no Jofre, o mércores 23 ás 12.30!

Feliz 2021!!!

Imaxe
Dende o Xan Viaño... e para todo o mundo... Feliz 2021!!! Hoxe compartimos a nosa felicitación de Nadal, feita con moitísimo agarimo e cos mellores desexos para o vindeiro ano 2021. Grazas a todos os participantes do video por facer posible esta felicitación tan especial de Nadal e grazas novamente a Suso Iglesias, pola súa colaboración. Feliz Nadal e Feliz 2021!!

II Parladoiro do Xan Viaño

Imaxe
O Equipo de Dinamización da Convivencia comprácese en convidar a todo alumnado e profesorado do Xan Viaño a unha nova edición do parladoiro do Xan Viaño. Unha bonita xornada de reencontro con antigos alumnos e alumnas dispostos a compartir as súas experiencias e consellos coas novas xeracións sobre distintas especialidades musicais (Interpretación, Pedagoxía, Musicoloxía). Nesta segunda edición contaremos con: Javier Rivas Rodríguez Estefanía Bustabad Rodríguez Sara Permuy Blanco Marta Varela Porto Estefanía Rodríguez Rodríguez Pablo Teijeiro Galdo Todos e todas voltan ao Xan Viaño, que foi e será a súa casa, aínda que sexa virtualmente nesta ocasión, o venres 18 de decembro ás 16 horas. Non o perdas! Os interesados e interesadas deben poñerse en contacto co Equipo de Dinamización da Convivencia para poder acceder á videoconferencia a través do correo convivenciaxanviano@gmail.com Agradecemos a Catuxa Pita, profesora de Linguaxe Musical, o fermoso cartaz que nos fixo para esta segunda