Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Día de Rosalía na voz do alumnado de 6º GP

Imaxe
  Compartimos a iniciativa do EDLG do Xan Viaño na homenaxe á nosa querida Rosalía de Castro. Que emocionante é escoitar os versos de  Cantarte hei, Galicia,  un dos poemas iniciais d e Cantares Gallegos , nas voces dos nosos queridos alumnos e alumnas de 6º GP, rapaces e rapazas que vimos medrar como persoas e coma músicos no Xan Viaño. Como música de fondo, podemos escoitar a fermosa música do compositor galego Andrés Gaos, concretamente a  Sinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia . Ver a todos estos rapaces e rapazas neste proxecto, despois de pasar tantos momentos de convivencia xuntos ao longo de todos estes anos, resulta moi entrañable e emotivo.  Son todo un exemplo de esforzo e responsabilidade, parabéns!

Javier Vázquez Grela: Concerto de compositoras históricas e actuais

Imaxe
Achégase o mes de marzo e queremos anunciar xa, unha das primeiras iniciativas que poderemos gozar no Xan Viaño, dentro dos actos programados para a celebración do Día da Muller. Trátase do concerto do pianista Javier Vázquez Grela, dentro do seu ciclo de piano Compositoras históricas y actuales, no que interpretará pezas de Maria Theresia Von Paradis, Clara Wieck/Schumann, Gloria Rodríguez Gil, María Mendoza, Rosa García Ascot e Galina Ustvolskaya. O concerto terá lugar o venres 4 de marzo ás 19:00 h, e os interesados  e interesadas en asistir, debedes apuntarvos no correo convivenciaxanviano@gmail.com Dános moita satisfacción coñecer que noutros conservatorios, como no CMUS Profesional de A Coruña e no Conservatorio Profesional de Culleredo, tamén se está a traballar no mesmo proxecto de visibilización das mulleres compositoras na historia da música.  De seguro que con estas iniciativas en conxunto con outros centros, acadaremos pouco a pouco o noso obxectivo de difundir a marabillos

XI Música pola Paz

Imaxe
Onte celebramos no conservatorio a onceava edición de Música pola paz , conmemorando o Día Escolar da non violencia e da Paz. Tras a pausa do curso pasado por mor da Covid, retomamos este fermoso proxecto do que nos sentimos moi orgullosas e ilusionadas. O día da Paz, supón para o Xan Viaño unha data moi importante, unha data de reflexión e compromiso de educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz. Os nenos e nenas que participaron nos dous recitais organizados, volvéronse defensores da paz, recordando a importancia de vivir nun mundo de paz, un dereito da infancia e de toda a humanidade. O equipo de convivencia, quere dar as grazas a todo o alumnado participante, por facer posible estes minutos de música adicados á paz, e tamén aos seus profesores e profesoras por animalos a participar, e por defender unha educación en valores, tan necesaria nestes tempos que vivimos.  Grazas tamén ao Anpa do conservatorio por ap