Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

25 de abril sempre!

Imaxe
O 25 de abril celébrase a caída do fascismo e hai dúas cancións, Grândola Vila Morena e Bella Ciao que son todo un símbolo e himnos de liberdade. O ano pasado, no confinamento máis duro, as nenas e nenas do Peque Coro do Xan Viaño celebraban o 75 aniversario da liberación do fascismo en Italia, gravando cada un dende a súa casa Bella Ciao . Hoxe recordamos o 25 de abril de 2020 coa montaxe que fixo Catuxa Pita e celebramos este día, esperando que en breve poidamos celebrar esta data coa volta do Peque Coro e a súa versión para celebrar o 50 aniversario da Revolução dos Cravos.  25 de abril sempre!

Día Mundial do Libro

Imaxe
Hoxe, 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, xa que arredor desta data, faleceron tres grandes da literatura universal, Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Para festexalo, recomendámosvos ademais de ler por suposto, moitos libros e contos, a visualización da curta Los Fantásticos Libros Voladores del Sr. Morris Lessmore, dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg e estreada no 2011, que gañou entre outros premios, o Óscar á Mellor Curtametraxe de Animación no 2012. A lectura é fundamental para o desenvolvemento e educación das persoas, potenciando a observación, a creatividade, a atención, a reflexión, etc. e esta marabillosa curta, cunha música fermosísima, fainos reflexionar precisamente, sobre a importancia e valor dos libros e da lectura nas nosas vidas.