Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2021

As mulleres pisan forte - Música Mestra! 25N

Imaxe
Hoxe, 25N queremos conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller recordando a todas as mulleres que ao longo da historia loitaron pola liberdade e igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Queremos tamén recoñecer e reivindicar o papel da muller na historia da música, onde as compositoras e músicas tivérono especialmente difícil á hora de poder desenvolver plenamente todo o seu talento artístico.  Estes días podedes ver na cristaleira do conservatorio, o piano   de  Música Mestra! , unha humilde homenaxe a todas as mulleres compositoras, moitas delas, inxustamente descoñecidas. Desexamos que pouco a pouco a súa obra  sexa recoñecida como se merece, e se instaure no repertorio das programacións didácticas dos conservatorios, pois sen lugar a dúbida, esta música de mulleres merece ser interpretada e ser escoitada. A través do vídeo Música Mestra! 25N , realizado polo Equipo de Convivencia, queremos tamén presentar as nosas Pioneiras do Xan Viaño 21/

Certame Intercentros no noso auditorio!

Imaxe
Hoxe tivemos a sorte de celebrar no noso auditorio a fase autonómica do certame Intercentros Melómano, un premio de interpretación para solistas, que xa vai polo súa 20ª edición. Representantes dos conservatorios de Galiza achegáronse ao noso centro para compartir a súa música. O  Equipo de Dinamización da Convivencia non quere deixar pasar este día sen felicitar aos dous representantes do Xan Viaño, Álex Armán Vilariño (piano) e Aitana López Caaveiro (frauta) que tiveron unha excelente participación, e como non, ao resto dos participantes. Parabéns! Resultados da Fase Autonómica de Galicia: – Primeira clasificada: Alba García García, trompeta, Conservatorio Profesional de Música de Ourense. – Segunda clasificada: Paula Diz Parrondo, violín, Conservatorio Profesional de Música «Manuel Quiroga» de Pontevedra. – Terceiro clasificado (ex aequo): Álex Armán Vilariño, piano, Conservatorio Profesional de Música «Xan Viaño» de Ferrol & Manuel Luis Folgueiras Louzao, fagot, Conservatorio P

III Parladoiro do Xan Viaño

Imaxe
Un ano máis o Equipo de Dinamización da Convivencia ten o orgullo e o pracer de convidar a todo o Xan Viaño a unha nova edición do noso parladoiro. Unha xornada na que desfrutar escoitando os nosos antigos alumnas e alumnas aconsellando e compartindo as súas experiencias coas futuras xeracións. Unha oportunidade tamén para todo o profesorado de reencontrármonos cos que foron alumnos e alumnas nosas. Todos os interesados en asistir contactade con nós no noso correo: convivenciaxanviano@gmail.com A continuación compartimos este fermoso vídeo-presentación do Parladoiro, realizado pola profesora Catuxa Pita.  Sen dúbida será emocionante, non te perdas o III Parladoiro do Xan Viaño!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +

Imaxe
Temos unha boa nova que compartir con toda a comunidade educativa: o CMUS Xan Viaño foi seleccionado para participar no Plan Proxecta + , unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial, pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. Como recolle a Consellería na súa convocatoria, trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado.  O noso centro foi seleccionado neste programa a través de dous proxectos: Música Mestra! e O galego é música. O noso proxecto Música Mestra! , que iniciamos de