Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Recitais nas residencias de maiores de Ferrol

Imaxe
  Por fin este Nadal puidemos retomar os nosos concertos solidarios nas residencias de maiores de Ferrol, concretamente nos centros DomusVi, Mi Casa e a residencia de Caranza. Sentímonos moi emocionados ao poder volver a compartir a nosa música cos nosos maiores de forma presencial e desexarlles un bo Nadal e  un feliz 2023. Nos recitais participou alumnado de piano, violín, trombón e frauta e resultou coma todos os anos unha experiencia moi enriquecedora para todos, maiores e pequenos, que vai moito máis aló do musical. Dende convivencia queremos dar as grazas a todo o alumnado participante e tamén a Iria profe de violín, Joe profe de trombón e aos profes de piano Miguel, Alexandra e Alma, por animar aos seus alumnos e alumnas a unirse a esta iniciativa tan fermosa nas residencias de Ferrol onde todos os anos nos tratan con tanto cariño. Deixámosvos algunhas fotos como pequena mostra de todo o vivido nestes recitais. Bo Nadal e feliz ano novo! 

IV Parladoiro do Xan Viaño

Imaxe
Onte pola tarde tivemos a grandísima sorte de celebrar un ano máis o noso parladoiro.   Grazas a Dani, Nera, Ali, Jorge e Rita que compartiron con todos nós as súas experiencias e os seus consellos para axudar ás futuras xeracións  do Xan Viaño. Sempre é un motivo de ledicia  que os antigos alumnos e alumnas volvan á súa casa, o Xan Viaño, e nesta ocasión énchenos de orgullo que sigan colaborando co profesorado e alumnado deste centro. Emociónanos escoitarvos e tomamos nota de todos os consellos! Parabéns a todos e todas e felices festas!

Música que alimenta

Imaxe
  D ende o vindeiro luns 12 e ata o mércores 21 levaremos a cabo no conservatorio a campaña solidaria Música que alimenta na que  recolleremos  alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. Precísase todo tipo de alimentos non perecedoiros, pero de xeito especial leite, aceite, augas e zumes individuais, café soluble, azucre, conservas de vexetais, froitas en almibre... que poderedes depositar no espazo que habilitaremos na entrada do conservatorio. Nestas datas temos grandes concertos solidarios a cargo das nosas agrupacións (Peque Banda o luns 12, Banda de 1º e 2º. de grao profesional o xoves 15, Orquestra o venres 16 e Coro de Grao Profesional e Peque Coro in crescendo o mércores 21) polo que esperamos unha gran acollida desta iniciativa solidaria no Xan Viaño! Agardamos a colaboración de toda a comunidade educativa! G razas a todos e todas pola vosa colaboración!

IV Parladoiro do Xan Viaño

Imaxe
Temos o orgullo de convidarvos un ano máis ao noso Parladoiro, unha xornada de reencontro cos nosos antigos alumnos e alumnas para charlar, compartir experiencias e dar consellos sobre os estudos superiores de música ao noso alumnado. A cita será o  vindeiro mércores 21 de decembro ás 16:00 h no noso auditorio. No vídeo presentación que achegamos, tedes a información dos participantes desta cuarta edición. Animádevos a participar!