Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

XVIII Certame Xan Viaño de creación musical

Imaxe
Mañá mércores ás 19:00 h teremos o concerto da estrea absoluta das obras do   XVIII Certame "Xan Viaño" de creación musical .  Escoitaremos a música de Nerea Ameneiro, Ana Jiménez, Daniel Barrán, Nora Luaces, Aitana Tizón, Icía Gómez, Álex Armán, Clara Conchillo e Marta Monteagudo.  Dende o equipo de convivencia, que como sabedes loitamos pola igualdade entre homes e mulleres e pola visibilización do papel da muller na música, fainos moita ilusión ver a cantidade de alumnas que participaron nesta edición. Bravo por todas elas! Parabéns a todos os participantes e ao Departamento de Fundamentos de Composición pola organización deste certame, un clásico que vai pola súa décimo oitava edición no Xan Viaño.

Fin de curso 2021-2022!

Imaxe
Rematamos este curso 2021-2022 compartindo música case que con total normalidade, tras estes difíciles anos de pandemia.  Sentímonos moi ilusionados, confiando en poder retomar o próximo curso moitos dos proxectos que quedaron desprazados pola Covid, e poder desenvolver plenamente as nosas ensinanzas de música. Hoxe compartimos esta foto do profesorado e persoal do CMUS Xan Viaño que neste curso traballaron con toda a ilusión. Foi un curso cheo de proxectos e como non, de moita moita música! De parte de todo o Xan Viaño... Feliz verán!

Música Mestra! Música de Cécile Chaminade

Imaxe
A piques de rematar o curso, seguimos compartindo música de mulleres compositoras, neste caso da compositora francesa Cécile Chaminade. Cécile Chaminade naceu en París no 1857 e faleceu e Mónaco no 1944. Recibiu as primeiras leccións de piano da man da súa nai, que era pianista e cantante, e con 8 anos Cécile xa compoñía música relixiosa. Ademais de compositora, foi unha gran pianista, realizando concertos por toda Europa  e incluso por Estados Unidos, onde adquiriu moito éxito e popularidade. Recibiu moitos premios, como o da Légion d´Honneur francesa en 1913, que por primeira vez foi concedido a unha muller compositora.  Cécile Chaminade é sobre todo coñecida polas súas pezas para piano de gran expresividade e lirismo, como podemos escoitar en  Idylle , peza do Album des enfants, neste caso na interpretación de Sandra Dopico Casal, alumna de 5º GP de piano complementario. Grazas a Sandra por colaborar co proxecto Música Mestra! baixo a supervisión da súa profesora Alma Cendán, e com