Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

Música Mestra!

Imaxe
Neste 25N o Equipo de Dinamización da Convivencia quere retomar un fermoso proxecto, que como tantos outros, a pandemia levou por diante.   Música, mestra! busca  dar a coñecer o papel da muller na historia da música, así como reivindicar ás mulleres na música, como en calquera outro sector. En marzo de 2020, estaba preparado un gran concerto por parte de alumnos e profesores do Xan Viaño, con obras de Amy Beach, Clara Schumann e Cécile Chaminade, entre outras... e ata había unha gran sorpresa: o coro de mestres e mestras!  Neste día tan significativo como o de hoxe, volta ese proxecto coa mesma forza e ilusión!  Chegamos a tempo giusto, ao tempo das mulleres!

22 de novembro, Santa Icía, patroa dos músicos

Imaxe
 Tal día como hoxe, 22 de novembro, celébrase o día de Santa Icía, universalmente recoñecida como patroa dos músicos.   Con tal motivo, un dos profesores do Xan Viaño, Jose Luis Vázquez Lorenzo, “Lorenzo”, impulsaba o ano pasado, un concerto de profesores moi especial.   Enrique Agrelo Otero (violín), Alejandro Cubero Suárez (piano), Paula Expósito Villar (frauta), Rosa Fernández Valdivieso (violín), Jose Folgueiras López (viola), Jorge Ricardo Genó Alonso (piano), Mariola Gil Lago (clarinete), Soraya García Riveiros (frauta), Ximo Pallás (contrabaixo), Iván Pantín Vázquez (tuba), Alexandra Pita Evia (piano), Iria Rico Fernández (violín), Isabel Sanjuán Pérez (violín), Mónica Silva García (viola), Francisco San Ramón Calvo (clarinete), Emma Urango Muelas ( violoncello), Jose Luis Vázquez Lorenzo (clarinete) e Daniel Veiga  Roca (clarinete) uníanse á proposta inmediatamente.  A cita foi todo un éxito, e a acollida dos alumnos e alumnas, como sempre nestas ocasións, insuperable. Foi espe

Feliz Día Universal do Neno!

Imaxe
 Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día Universal do Neno,  data na que a Asamblea Xeral da ONU, aprobou a Declaración dos Dereitos dos Nenos no ano 1959 e na que se realizou a Convención sobre os Dereitos dos Nenos no 1989.   Neste día tan especial debemos recordar, que todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito á saúde, á educación e á protección, aínda que na realidade, tristemente, moitos pequenos e pequenas están a sufrir inxustizas, pobreza e desigualdade.  Pero hoxe, queremos quedarnos coa celebración alegre deste día, e imos a facelo, como non, con música!  Na música clásica hai moitas obras adicadas e inspiradas na infancia, como por exemplo Children's Corner de Claude Debussy, Kinderszenen Op.15 de Robert Schumann, Children's Carnival Op. 25 da compositora e pianista estadounidense Amy Beach, The young person's Guide to the Orchestra de Benjamin Britten, Pedro e o Lobo de Sergéi Prokófiev ou o Carnaval dos animais de Camille Saint-Säens.  Deixámosvos a co

Bo tempo... e boa música!

Imaxe
 Que sorpresa este venres na entrada ao conser! Sol e música en directo ao aire libre!  Un grupo de cámara de alumnas de 6º de GP e a súa profesora Emma Urango, realizaron a súa clase semanal de Música de Cámara no exterior do conservatorio, aproveitando a bonita tarde de sol deste día.  Foi un agasallo para todos os que entrabamos no conservatorio e para as persoas que paseaban polos arredores, escoitar a música deste cuarteto de corda que estaba a traballar repertorio de Felix Mendelssohn e Edvard Grieg.  Nestes tempos que estamos a vivir, agradécense máis que nunca estes momentos de música compartidos. Grazas e noraboa pola iniciativa!

Adeus a Pedro Iturralde.

Imaxe
  Este pasado domingo 1 de novembro falecía aos 91 anos de idade o gran saxofonista e compositor navarro Pedro Iturralde, unha das grandes figuras do jazz español, que tivo ao longo da súa carreira profesional unha chea de éxitos e recoñecementos mundiais.  Hoxe como pequena homenaxe, queremos recordar unha actuación memorable de dous profesores do noso conservatorio, David Sanmartín (Saxofón) e Alexandra Pita (Piano) no concerto celebrado no Auditorio de Ferrol o 28 de abril do 2018, onde interpretaron a Suite Helenique de Pedro Iturralde. Esperamos que gocedes da música do mestre Iturralde, recordando esta fantástica interpretación.