Bo tempo... e boa música!
Que sorpresa este venres na entrada ao conser! Sol e música en directo ao aire libre!
Un grupo de cámara de alumnas de 6º de GP e a súa profesora Emma Urango, realizaron a súa clase semanal de Música de Cámara no exterior do conservatorio, aproveitando a bonita tarde de sol deste día.
Foi un agasallo para todos os que entrabamos no conservatorio e para as persoas que paseaban polos arredores, escoitar a música deste cuarteto de corda que estaba a traballar repertorio de Felix Mendelssohn e Edvard Grieg.
Nestes tempos que estamos a vivir, agradécense máis que nunca estes momentos de música compartidos. Grazas e noraboa pola iniciativa!
Comentarios
Publicar un comentario