Recital poético
O pasado 29 de marzo no auditorio do conservatorio tivo lugar o primeiro Recital poético en colaboración co IES Carvalho Calero. Música e poesía uníronse nunha serie de poemas de poetisas galegas, seleccionados pola profesora do Carvalho Calero, Pim Patiño, a través das voces do alumnado do instituto e acompañadas musicalmente polo alumnado do Xan Viaño.
Puidemos gozar da poesía de mulleres galegas como Marilar Alexandre, María Lado, Luz Pozo, Antía Otero, Ana Varela, Eva Veiga, Ana Romaní, pechando o recital cun poema da gran Rosalía De Castro.
Os poemas seleccionados xiraban todos a redor da figura da muller desde diferentes puntos de vista, así que esta actividade supuxo un broche de ouro para pechar o noso mes de marzo dedicado a visibilizar o papel da muller na música e na cultura, dentro das actividades programadas no noso proxecto Máis Música Mestra do Plan Proxecta +.
Por fin podemos compartir con vós os vídeos das actuacións, para que poidades gozar deste Recital poético, de seguro o primeiro de próximas colaboracións.
Comentarios
Publicar un comentario