Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2022

Historia das mulleres compositoras, por Ermitas García Ríos

Imaxe
Canto aprendemos onte na conferencia  Historia das mulleres compositoras , impartida por Ermitas García Ríos e enmarcada dentro do noso proxecto Música Mestra!. Dende un enfoque moi didáctico, Ermitas presentounos a realidade destas mulleres, chea inxustamente de prexuízos e dificultades ás que se enfrontaban e tiñan que superar para poder cumprir a súa vocación de  ser compositoras. Ao longo da charla, a través de diferentes audicións, puidemos gozar da marabillosa música destas mulleres cheas de talento e creatividade, todo un exemplo e inspiración para as seguintes xeracións. Moitísimas grazas a Ermitas - unha muller que tamén rompeu con estereotipos, ao ser a primeira muller que aprobou a oposición de profesora da especialidade de Fundamentos de composición aquí en Galicia -  por achegarnos á vida e á obra destas mulleres valentes, que tiveron que loitar contra toda a sociedade da súa época para cumprir o seu sono.  Agora está nas nosas mans o recoñecemento e a visibilización da sú

Música Mestra! con Jorge Genó e as compositoras cubanas

Imaxe
 O pasado martes viaxamos a Cuba da man de Jorge Genó, profesor de piano do conservatorio, a través dun fermoso recital de música de mulleres compositoras cubanas. Puidemos escoitar as Miniaturas rítmicas cubanas de María Matilde Alea, a Suite cubana para piano e Dancitas de ayer de María Enma Botet e para finalizar a fermosa peza  Fusión de almas de María Cervantes. Ademais desta música marabillosa, Jorge compartiu co público información sobre a vida e obra destas mulleres tan importantes en Cuba, así como a proxección das propias partituras, para facer o recital aínda máis didáctico. Moitísimas grazas a Jorge Genó por participar no noso proxecto Música Mestra! do programa Donas de si , e axudarnos a visibilizar o papel da muller na historia da música, e especialmente por darnos a oportunidade de coñecer e escoitar esta fermosa música das mulleres compositoras cubanas. De seguro que estas pezas tan especiais, pequenos tesouros musicais, de agora en diante comezarán a programarse e

Música Mestra! Música de Marie Jaëll

Imaxe
 Hoxe compartimos unha gravación en directo, realizada o pasado mércores día 9 de marzo nos recitais de Música Mestra! no noso conservatorio. Trátase da derradeira obra interpretada no recital das 17:00 h, un fermoso vals da compositora Marie Jaëll nas 4 mans do Dúo octavas, formado polas pianistas Aitana López Caaveiro e Claudia Zhu Díaz Casas, de 5º GP e  4ºGP respectivamente. Marie Jaëll (1846-1925) foi unha pianista, compositora e pedagoga francesa. Foi unha nena prodixio, que estudou en Alemaña e tamén no conservatorio de París, onde acadou o Primeiro Premio en 1962. En 1866 casou co pianista Alfred Jaëll, do que tomou o seu apelido, e no seu círculo de amizades atopábanse grandes músicos como Brahms, Liszt e Rubinstein. Marie Jaëll recibiu clases de composición de César Franck e Camile Saint-Saëns, e tamén adicou a súa vida ao estudio da técnica pianística.  Compuxo pezas para distintos instrumentos, como por exemplo o Concerto para violoncello en Fa Maior, Impromptu para piano,

Música Mestra! Música de Lili Boulanger

Imaxe
Seguimos recibindo vídeos de música de compositoras para o noso proxecto de Música Mestra!  Nesta ocasión trátase de música de Lili Boulanger, na interpretación de Álex Armán Vilariño, alumno de piano de 4º GP. Lili Boulanger (1893-1918) foi unha compositora francesa que dende moi pequena destacou polas súas habilidades musicais. O seu primeiro profesor de piano e amigo da familia, foi Gabriel Fauré, e Lili foi a primeira muller en gañar o prestixioso Premio de Roma de composición.  Desgraciadamente dende pequena tivo moitos problemas de saúde, e faleceu moi nova, con soamente 24 anos. A súa obra mantívose e perdurou grazas a súa irmá Nadia, que se encargou de protexer o seu legado, aínda que moitas das súas obras se perderon ou foron destruídas. Nesta gravación de Álex Armán, podemos escoitar a obra D´un vieux jardin, escrita no 1914.  Moitísimas grazas a Álex por participar no noso proxecto e pola gravación e montaxe do vídeo, e poder así compartir no Xan Viaño a música desta gran mu

Música Mestra! Concertos polo Día da Muller 2022

Imaxe
  O pasado mércores día 9 de marzo, tiveron lugar os concertos polo Día da Muller, na que participou alumnado e profesorado do centro.  O primeiro recital comezaba ás 17:00 h coa actuación de dúas profesoras do conservatorio, Inés Picado -profesora de viola- e Paloma Bello - profesora de piano - que nos interpretaron unha fermosa romanza da compositora Clara Schumann. A continuación foi a quenda do alumnado das especialidades de piano e violín, que nos interpretou música de compositoras de diferentes épocas, como Fanny Mendelssohn, Marie Jaëll, Natalia Baklanova e Maria Theresia von Paradis entre outras.  O segundo recital das 18:00 h, estivo protagonizado tamén por alumnado de piano e violín, no que se interpretou música de compositoras moi queridas para o Xan Viaño. Tivemos a sorte de poder escoitar a peza Polbo de Sofía Oriana Infante e Homertòk Tanz de Ermitas García Ríos, ambas profesoras de Fundamentos de composición do noso conservatorio. No programa tamén estaba a peza Meniña

Música Mestra! 8M 2022. Música de Avelina Valladares

Imaxe
  Iniciamos a semana do 8M, Día da Muller, unha semana chea de homenaxes e concertos adicados ás nosas mulleres compositoras! A primeira homenaxe desta semana é a gravación da f ermosa   Dancita "La Soledad" da compositora galega Avelina Valladares, interpretada por Iago Miño Garrido, alumno de guitarra de 2º GE. Avelina Valladares Núñez, nada en Vilancosta (A Estrada) no 1825 e finada en 1902, foi unha escritora galega, e unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita, e empregou o galego como lingua dalgúns dos seus poemas. Era irmá do escritor Marcial Valladares e dende as súas conviccións relixiosas, foi unha loitadora da defensa dos dereitos humanos, cunha vida sempre ao servizo dos demais. Cabe destacar a fonte da partitura, a tese doutoral de Isabel Rei Samartim, lámina 292 (folla solta do fundo Valladares), guitarrista e investigadora que tivemos a sorte de escoitar o pasado mes de xaneiro. Moitísimas grazas a Iago, por colaborar coa súa

Javier Vázquez Grela en Música Mestra!

Imaxe
 O pasado venres tivemos a sorte de escoitar no noso auditorio ao gran pianista Javier Vázquez Grela, que colaborou con nós no noso proxecto Música Mestra! Javier Vázquez Grela, pianista cunha enorme traxectoria tanto como solista como pianista acompañante, ofreceunos un recital integramente de música de mulleres compositoras históricas e actuais, no que puidemos escoitar música de Maria Theresia von Paradis, Clara Wieck, Gloria Rodríguez Gil, María Mendoza, Rosa García  Ascot e Galina Ustvolskaya. Parabéns Javier por este proxecto tan importante para visibilizar a música das mulleres compositoras, moitas veces esquecida e inxustamente descoñecida, e moitísimas grazas por achegarte a Ferrol para compartilo con nós.