Historia das mulleres compositoras, por Ermitas García Ríos
Dende un enfoque moi didáctico, Ermitas presentounos a realidade destas mulleres, chea inxustamente de prexuízos e dificultades ás que se enfrontaban e tiñan que superar para poder cumprir a súa vocación de ser compositoras. Ao longo da charla, a través de diferentes audicións, puidemos gozar da marabillosa música destas mulleres cheas de talento e creatividade, todo un exemplo e inspiración para as seguintes xeracións.
Moitísimas grazas a Ermitas - unha muller que tamén rompeu con estereotipos, ao ser a primeira muller que aprobou a oposición de profesora da especialidade de Fundamentos de composición aquí en Galicia - por achegarnos á vida e á obra destas mulleres valentes, que tiveron que loitar contra toda a sociedade da súa época para cumprir o seu sono.
Agora está nas nosas mans o recoñecemento e a visibilización da súa obra, que sen dúbida está merecidamente a rexurdir, tanto no Xan Viaño coma no resto de conservatorios e auditorios do mundo.
Comentarios
Publicar un comentario