Comezamos!
O Blog En todas as claves, comeza con moita ilusión a súa andaina como espazo de convivencia escolar onde compartiremos as actividades e proxectos que realicemos no CMUS Xan Viaño de Ferrol. En todas as claves, nace nun momento moi delicado no que precisamos máis que nunca, achegarnos á comunidade educativa para seguir transmitindo os valores de solidaridade, igualdade, respecto, tolerancia, non violencia e paz... tan necesarios na sociedade en que vivimos. Por mor da COVID-19, moitos dos proxectos que o Equipo de Convivencia organizaba todos os anos de forma presencial, terán que ser reformulados para adaptarnos ás novas medidas de seguridade e poder seguir traballando estes aspectos tan importantes da educación. Este blog, será a nosa principal canle de comunicación, a través da cal impulsaremos as nosas inciativas e compartiremos os resultados das mesmas con todos vos, onde a música por suposto, será o fío conductor de todo o proxecto.
O Equipo de convivencia, formado este ano por Alexandra Pita e Alma Cendán, queremos comezar esta primeira entrada dando as grazas aos compañeiros e compañeiras que sempre están dispostos a axudar de forma desinteresada. Nesta ocasión grazas a Suso Iglesias, profesor de acordeón e responsable das TIC's do conservatorio, polas preciosas fotos que nos realizou para o Blog e a Catuxa Pita, profesora de Linguaxe Musical polo logo tan fermoso que nos deseñou especialmente para nós.
Parabéns polo voso novo blogue. Agradezo as vosas palabras sobre o logo, mais só é unha pequena aportación para o voso departamento: un departamento crucial neste ano marcado pola situación ante o COVID.
ResponderEliminarAgardamos os vosos proxectos e que desfrutemos todos e todas camiñando xuntos na vosa andaina.
Moitas grazas Catuxa polos teus ánimos e polo teu apoio en todas as nosas iniciativas!!
ResponderEliminar