Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

Homenaxe a Antón García Abril

Imaxe
  A piques de rematar o curso 2020-2021, queremos renderlle unha pequena homenaxe ao compositor  falecido o pasado mes de marzo, Antón García Abril. Antón García Abril (Teruel, 19 de maio de 1933 – Madrid, 17 de marzo de 2021) foi un compositor e músico español, autor de música orquestral, música de cámara, obras vocais e bandas sonoras.  Unha das súas obras máis coñecidas para piano, e programada frecuentemente nos conservatorios nos primeiros cursos polo seu valor pedagóxico, é Cuadernos de Adriana , unha colección de 42 pezas para nenos e nenas distribuídas en 3 volumes.  Antón García Abril, compuxo este proxecto cando os seus fillos comezaron a estudar música, co obxectivo de aproximar aos nenos e nenas dende o piano, ao estudo da música.  Como homenaxe a súa figura, compartimos os vídeos dos nosos pianistas de grado elemental, alumnado das profesoras Judith Fernández, Alexandra Pita  e Alma Cendán, interpretando cinco fermosas pezas de Cuadernos de Adriana : Sofía Ferreiro Becerra

O Xan Viaño está de aniversario!

Imaxe
Este curso o Xan Viaño fai 30 anos! E temos a sorte de poder  celebralo con música feita polos nosos alumnos. Grazas ao cuarteto de corda formado por Jaime Rodríguez Rico (Violín 2º GP ), Mario Santalla Rico (Violín 2º GP), Gabriela Rodríguez Sayar (Viola 2º GP) e Jacobo Nieto López (Violoncello 1º GP) e como non, grazas á súa profesora Emma Urango Muelas, disfrutamos desta novedosa versión ideal para esta ocasión. Trátase das Variacións Cumpreanos Feliz para cuarteto de corda , obra do compositor alemán Peter Heidrich. Parabéns aos nosos alumnos, á súa profesora, e ao noso conservatorio!

Heroes e heroínas do Xan Viaño! Parabéns!

Imaxe
  Parabéns a todos os alumnos e alumnas de 6º GP que rematan os seus estudos no conservatorio! É todo un orgullo despedir a este alumnado, que sempre formará parte do Xan Viaño! O equipo de convivencia realizou para esta ocasión especial, un vídeo de despedida adicado a estes heroes e heroínas do Xan Viaño, merecedores de todo o noso recoñecemento. Esperamos que gocedes do vídeo! Tamén compartimos a homenaxe que a profesora Soraya García Riveiros, quere adicarlle a todo o alumnado de 6º GP a través da seguinte presentación, chea de lembranzas e mensaxes de ánimo. Desexámosvos todo o mellor nesta nova etapa que comezades! Parabéns!

Día Internacional contra o acoso escolar

Imaxe
Hoxe 2 de maio, celébrase este día coa idea de concienciar sobre o risco do acoso escolar. Propoñémosvos esta pequena curtametraxe que nos recorda que todas as nosas diferencias énchennos de riqueza, e que o respecto ás mesmas fainos máis tolerantes. Sempre hai motivos para integrar e aceptar, e ademáis aportaránnos miles de cousas novas e boas. Acabar co acoso escolar é cousa de todas e todos!