Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2022

25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista

Imaxe
 Hoxe conmemoramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e o facemos condenando de xeito firme todo tipo de violencia machista. Durante as últimas semanas recollemos fotos do noso alumnado, profesorado e persoal do centro nas que manifestamos o noso total rexeitamento á violencia contra a muller, fotos que colocamos nunha pequena exposición na entrada do conservatorio e coas que fixemos o vídeo O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista, que podedes ver na seguinte ligazón:  ReBuildingMi é a música que aparece no vídeo, obra da compositora e profesora do centro Sofía Oriana Infante. Moitas grazas Sofía, por deixarnos empregar a túa música na nosa iniciativa. Dende o Equipo de convivencia, queremos dar as grazas a todos os participantes que fixeron posible esta actividade do programa Máis Música Mestra ! do Plan Proxecta +, coa que deixamos claro que todo o Xan Viaño é un espazo libre de violencia machista.

Adeus á pianista coruñesa María de las Mercedes Goicoa

  O pasado venres falecía a pianista coruñesa María de las Mercedes Goicoa (A Coruña el 10 de xullo de 1928 - A Coruña 11 de novembro 2022) presidenta da Real Academia Galega de Belas Artes entre 2003 e 2014,  sendo a primeira muller que presidiu unha academia de Belas Artes en España. A continuación deixamos varias ligazóns sobre esta triste noticia e sobre a vida de María de las Mercedes Goicoa, que foi a primeira muller en presidir unha academia de Belas Artes en España e a que se lle debe a creación do Arquivo Musical de Galicia https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_de_las_Mercedes_Goicoa_Fernández https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/fallece-mercedes-goicoa-ex-presidenta-de-la-real-academia-gallega-de-bellas-artes https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2022/11/12/muere-maria-mercedes-goicoa-primera-mujer-presidir-trecereales-academias-bellas-artes-espana/00031668250497394785425.htm

Máis Música Mestra!

Imaxe
  A semana pasada saía a resolución definitiva de centros admitidos nos programas do Plan Proxecta + , e de novo o Xan Viaño estaba entre os elixidos, participando un ano máis no programa Donas de si , de temática de igualdade.  Máis Música Mestra! é o noso proxecto deste curso, que da continuidade ao iniciado anos atrás no centro, coa finalidade de dar visibilidade á vida e á obra das mulleres compositoras e mulleres importantes na historia da música. A través de Máis Música Mestra! , afondaremos no recoñecemento destas mulleres que loitaron pola igualdade de xénero, nun mundo cheo de paradigmas marcados pola desigualdade e os estereotipos de xénero, e que deben servir como fonte de inspiración para as novas xeracións. Novas ideas e novas iniciativas... que comece... Máis Música Mestra!!