25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista

 Hoxe conmemoramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e o facemos condenando de xeito firme todo tipo de violencia machista.

Durante as últimas semanas recollemos fotos do noso alumnado, profesorado e persoal do centro nas que manifestamos o noso total rexeitamento á violencia contra a muller, fotos que colocamos nunha pequena exposición na entrada do conservatorio e coas que fixemos o vídeo O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista, que podedes ver na seguinte ligazón:

 ReBuildingMi é a música que aparece no vídeo, obra da compositora e profesora do centro Sofía Oriana Infante. Moitas grazas Sofía, por deixarnos empregar a túa música na nosa iniciativa.

Dende o Equipo de convivencia, queremos dar as grazas a todos os participantes que fixeron posible esta actividade do programa Máis Música Mestra! do Plan Proxecta +, coa que deixamos claro que todo o Xan Viaño é un espazo libre de violencia machista.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +