Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Aniversario do nacemento de J.S. Bach

Imaxe
  Hoxe 31 de marzo, conmemórase o aniversario do nacemento de Johann Sebastian Bach, un dos grandes compositores da historia da música. Bach, gran maestro do Barroco cunha obra extensísima de gran beleza e perfección, serviu de inspiración ás xeracións posteriores de compositores ao longo da historia.  O repertorio de Bach, está sempre presente nas nosas ensinanzas no conservatorio, dende os niveis elementais ata os profesionais. Neste ano, no que botamos tanto en falta as audición que realizamos no noso auditorio, queremos renderlle un pequeno homenaxe nesta data tan especial, compartindo un vídeo de Jorge Orosa López, alumno de violoncello do conservatorio, onde interpreta a Giga da Suite nº 2 de Bach.  Parabéns Jorge pola túa fermosa interpretación e moitas grazas por compartirlo con todos nós! Bach sen dúbida, une a todos os músicos de todos os estilos, todos os tempos e todas as xeracións!

Día Mundial da Auga

Imaxe
Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día Mundial da Auga. Este día recórdanos a importancia de coidar os nosos recursos para a vida dos seres humanos e as especies do planeta. Dende 1993 este día pretende concienciar á poboación sobre a problemática entorno á escasez de auga que, ano a ano, vaise agravando debido ao cambio climático. Busca tamén dar a coñecer a problemática do acceso universal e igualitario ao auga potable, xa que millóns de persoas aínda non teñen acceso. Os grandes compositores de todas as épocas inpiráronse na auga para algunha das súas grandes composicións . Música acuática de Händel, A tempestade de Beethoven, Fontes de Roma de Respighi , Xogos de auga da vila d’Este …son algúns dos miles de exemplos na historia da música. Pero se pensamos nunha época na que os compositores plasmaran a súa fascinación pola agua esta é o Impresionismo. Hoxe temos a grandísima sorte de celebrar este día con música de Debussy na excelente interpretación de Álex Armán Vilariño, que nos

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M

Imaxe
O alumnado de frauta do conservatorio, tamén se une á celebración do Día Internacional da Muller, compartindo con nós, os seus traballos realizados sobre compositoras da historia da música. Estes traballos inclúen información moi interesante sobre a súa vida e obra, e incluso tamén engaden obras interpretadas por eles mesmos na frauta, resultando unha actividade do máis enriquecedora. Compartimos a continuación unha mostra destes traballos, non sen antes agradecerlle a todos os alumnos e alumnas a súa participación nesta iniciativa, e de xeito especial a súa profesora de frauta Soraya García Riveiros, por animalos a investigar e participar neste emocionante proxecto.   CLARA SCHUMANN Érika González Pérez  5º GP Frauta Travesera 1. INTRODUCCIÓN:  Clara Wieck, más conocida como Clara Schumann, fue una pianista y compositora  alemana, más importante del siglo XIX, y su carrera fue clave en la difusión de las  composiciones de su marido, Robert Schumann. También es considerada como una

Au Pays dévasté op.155 de Cécile Chaminade

Imaxe
Publicada en 1919, tras a finalización da Primeira Guerra Mundial, esta obra de Cécile Chaminade, adicada ao pianista Joseph Baume, constitúe todo un lamento sobre a Gran Guerra. O noso compañeiro Miguel Sancho, profesor de piano do Xan Viaño, gravou esta sublime versión que temos a sorte de poder compartir hoxe con vós. Moitas grazas Miguel, por unirte á nosa iniciativa e compartir esta música tan fermosa neste día tan especial.

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Imaxe
En marzo de 2020 tiñamos preparada a nosa primeira edición do Música, Mestra! , mais foi un dos primeiros eventos que a pandemia levaba por diante. Neste marzo do 2021 celebramos unha edición virtual do Música, Mestra! , reinvindicando o papel da muller na historia da música con interpretacións das obras destas mulleres por parte do noso alumnado. O curso pasado os profesores e profesoras uníanse a esta iniciativa do Equipo de Dinamización da Convivencia formando un coro que debutaría con motivo do Día Internacional da Muller. Queda esperar un pouquiño para retomar esta fermosa iniciativa, pero a ilusión e o traballo do noso alumnado non parou nestes tempos, e proba delo, as gravacións que hoxe vos propoñemos. Retomamos o fermoso cartaz deseñado por Catuxa Pita para o concerto do curso pasado, no que se homenaxea a unha ferrolana imprescindible na loita polos dereitos da muller, Concepción Arenal, xa que o 2020 celebrabamos o bicentenario do seu nacemento. Moitísimas grazas aos alumnos