Día Mundial da Auga
Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día Mundial da Auga. Este día recórdanos a importancia de coidar os nosos recursos para a vida dos seres humanos e as especies do planeta.
Dende 1993 este día pretende concienciar á poboación sobre a problemática entorno á escasez de auga que, ano a ano, vaise agravando debido ao cambio climático. Busca tamén dar a coñecer a problemática do acceso universal e igualitario ao auga potable, xa que millóns de persoas aínda non teñen acceso.
Os grandes compositores de todas as épocas inpiráronse na auga para algunha das súas grandes composicións. Música acuática de Händel, A tempestade de Beethoven, Fontes de Roma de Respighi, Xogos de auga da vila d’Este…son algúns dos miles de exemplos na historia da música.
Pero se pensamos nunha época na que os compositores plasmaran a súa fascinación pola agua esta é o Impresionismo.
Hoxe temos a grandísima sorte de celebrar este día con música de Debussy na excelente interpretación de Álex Armán Vilariño, que nos achega Reflexos na auga (do primeiro libro de Imaxes).
Grazas a Álex por este agasallo musical perfecto para este Día Mundial da Auga e recordade, protexer a auga é cousa de todos!
Comentarios
Publicar un comentario