Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

A música de Sofía Infante no Xan Viaño

Imaxe
 Onte tivemos a sorte de desfrutar da charla de Sofía Infante, compositora, profesora e antiga alumna do Xan Viaño. Sofía compartiu con nós, os diversos estilos da súa faceta compositora, na que a música do cine ten un lugar moi especial. Entre outras composicións, puidemos escoitar a súa música creada para a famosa película Elisa y Marcela , para a curta Souvenir e ata tivemos a sorte de escoitar a fermosa voz da cantante Irene Caruncho, nunha canción composta con Sofía. Sofía compartiu co público interesantes consellos e recomendacións que ela mesma viviu e tivo que poñer en práctica, para conseguir o seu soño de ser compositora. Unha sorte contar no Xan Viaño con esta gran compositora galega, cunha obra incrible e cunha recoñecida traxectoria que non acaba máis que comezar. Grazas Sofía por compartir con todos nós as túas vivencias e a túa marabillosa música.

Grazas DomusVi Ferrol!

Imaxe
  Compartimos as fotos e mensaxes de agradecemento que nos chegan dende a Residencia DomusVi de Ferrol, tras desfrutar do concerto virtual de Nadal que preparamos con tanta ilusión no Xan Viaño. Énchenos de emoción esas palabras e esas imaxes tan fermosas, e nos dan pulos para seguir apostando pola educación en valores, baseada no respecto, empatía, igualdade, e solidariedade. Grazas a DomusVi por contar sempre con nós. Esperamos que o próximo ano, poidamos estar na vosa casa compartindo a nosa música e o noso cariño con vós. https://www.domusvi.es/blog/residencia-ferrol/espectacular-concierto-navideno-del-conservatorio-de-musica-xan-viano-de-ferrol/