A música de Sofía Infante no Xan Viaño


 Onte tivemos a sorte de desfrutar da charla de Sofía Infante, compositora, profesora e antiga alumna do Xan Viaño.

Sofía compartiu con nós, os diversos estilos da súa faceta compositora, na que a música do cine ten un lugar moi especial. Entre outras composicións, puidemos escoitar a súa música creada para a famosa película Elisa y Marcela, para a curta Souvenir e ata tivemos a sorte de escoitar a fermosa voz da cantante Irene Caruncho, nunha canción composta con Sofía.

Sofía compartiu co público interesantes consellos e recomendacións que ela mesma viviu e tivo que poñer en práctica, para conseguir o seu soño de ser compositora.

Unha sorte contar no Xan Viaño con esta gran compositora galega, cunha obra incrible e cunha recoñecida traxectoria que non acaba máis que comezar.

Grazas Sofía por compartir con todos nós as túas vivencias e a túa marabillosa música.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +