Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022

Exposición INDÓMITAS. Historias que abren camiños, en Ferrol

Imaxe
Nova exposición da Sede Afundación Ferrol, moi vinculada ao noso proxecto de Música Mestra! do Plan Proxecta + Donas de si , que busca reivindicar o papel da muller na música como en calquera outro sector. O proxecto reflexiona sobre a equidade entre xéneros, presentando o traballo de doce mulleres valentes, que foron pioneiras nos seus ámbitos e que son un modelo para as vindeiras xeracións. Animámosvos a que visiteres INDÓMITAS , que estará en Ferrol ata o 27 de maio do 2022. 

25 de abril sempre

Imaxe
O 25 de abril é un día sinalado no noso calendario. Desde o punto de vista musical dúas cancións están vencelladas a este día, o Grândola vila morena que foi o segundo sinal para a Revolução do Cravos e o Bella Ciao o himno partisano que se convertiu nun símbolo da desocupación fascista e que cada 25 de abril se canta en Italia. Pois ben, hoxe temos a sorte de celebrar este día cun destes fermosos cantos. Escoitaremos unha versión para piano a catro mans de Bella Ciao da man de dous alumnos, Jorge Orosa López e Andrés Boutureira Rodríguez. Aínda que non o pareza ningún deles é pianista! Jorge é violoncellista e Andrés guitarrista, mais ningúen diría tal con este vídeo! Dende o Equipo de Convivencia queremos reiterar o noso agradecemento á incansable labor do noso coordinador TIC, Suso Iglesias, que sempre colabora coa gravación e edición destes  marabillosos vídeos que vos presentamos. Estas dúas icónicas cancións recórdannos valores que sempre temos ter presentes.  25 de a

A nova árbore de Música Mestra!

Imaxe
A árbore que preside as escaleiras do noso conser dende fai xa moitos anos, volveuse inclusiva e sensible coa igualdade de xénero entre homes e mulleres, incluíndo agora tamén o nome de mulleres compositoras. Como iniciativa de Música Mestra! encabezada pola profe de violín María José Pámpano, realizouse unha intervención artística, engadindo os nomes de mulleres compositoras que tamén merecen ser visibles polo seu papel na historia da música. Anteriormente a árbore estaba formada unicamente por nomes de homes, polo que era preciso romper con estereotipos e realizar esta creación artísticas como análise, concienciación e visibilización do papel da muller na música. A través dun traballo colaborativo entre alumnado e profesorado, fomos completando a árbore ata quedar así de fermosa e renovada. Grazas a todo o alumnado por colaborar na colocación dos nomes e por axudar visibilizar a igualdade entre homes e mulleres.  Moitas grazas a María José Pámpano, por realizar a selección de muller

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

Imaxe
Hoxe compartimos un dos momentos máis especiais vividos dentro dos nosos recitais de Música Mestra! polo Día da Muller. Trátase da interpretación de La vie en rose  canción emblemática da música francesa, con letra escrita pola cantante, compositora e actriz Édith Piaf, a cargo da orquestra profesional do Xan Viaño o pasado 11 de marzo. Aínda que non ao completo polas restricións Covid, a orquestra volveu ao escenario despois de dous anos por mor da pandemia, e o público emocionouse enormemente neste reencontro musical tan esperado. Moitas grazas aos directores da orquestra Quique Agrelo e Jose Folgueiras, por participar no noso proxecto Música Mestra! e axudarmos a visibilizar o papel da muller na historia da música implicando a toda a comunidade educativa. Moitas grazas ao alumnado participante, e parabéns a todos e todas por manter a motivación nestes tempos tan complicados que vivimos, especialmente para a cultura e a música. Grazas tamén a Suso Iglesias, coordinador do Equipo Tic