25 de abril sempre
O 25 de abril é un día sinalado no noso calendario. Desde o punto de vista musical dúas cancións están vencelladas a este día, o Grândola vila morena que foi o segundo sinal para a Revolução do Cravos e o Bella Ciao o himno partisano que se convertiu nun símbolo da desocupación fascista e que cada 25 de abril se canta en Italia.
Pois ben, hoxe temos a sorte de celebrar este día cun destes fermosos cantos.
Escoitaremos unha versión para piano a catro mans de Bella Ciao da man de dous alumnos, Jorge Orosa López e Andrés Boutureira Rodríguez. Aínda que non o pareza ningún deles é pianista! Jorge é violoncellista e Andrés guitarrista, mais ningúen diría tal con este vídeo!
Dende o Equipo de Convivencia queremos reiterar o noso agradecemento á incansable labor do noso coordinador TIC, Suso Iglesias, que sempre colabora coa gravación e edición destes marabillosos vídeos que vos presentamos.
Estas dúas icónicas cancións recórdannos valores que sempre temos ter presentes.
25 de abril sempre!
Comentarios
Publicar un comentario