Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Que a música non pare!

Imaxe
Hoxe compartimos con moito agarimo, un video que realizamos dende Equipo de Convivencia, como benvida a este curso tan especial que estamos a vivir por culpa da Covid-19, un curso no que música non pode parar! Queremos enviar unha mensaxe de gratitude polo esforzo de todas e todos por adaptarnos á nova normalidade, cumprindo as medidas de seguridade marcadas, así como tamén unha mensaxe de esperanza porque xuntos imos superar esta situación onde a música e a cultura non poden faltar.  A banda sonora elixida para a presentación é o comezo do primeiro movemento da Sinfonía nº 6 en Fa maior op. 68, coñecida como Sinfonía Pastoral de Ludwig van Beethoven. Este ano cúmprese o 250 aniversario do nacemento de Beethoven (1770-1827), polo que tamén queremos render a nosa pequena homenaxe ao gran compositor alemán neste ano Beethoven. Grazas a todas as alumnas e alumnos que quixeron participar no video, ao Equipo Covid por estar sempre coidando de nós, e ao profesor Suso Iglesias polas fermos

Comezamos!

O Blog  En todas as claves ,  comeza con moita ilusión a súa andaina como espazo de convivencia escolar onde compartiremos as actividades e proxectos que realicemos no CMUS Xan Viaño de Ferrol. En todas as claves , nace nun momento moi delicado no que precisamos máis que nunca, achegarnos á comunidade educativa para seguir transmitindo os valores de solidaridade, igualdade, respecto, tolerancia, non violencia e paz... tan necesarios na sociedade en que vivimos. Por mor da COVID-19, moitos dos proxectos que o Equipo de Convivencia organizaba todos os anos de forma presencial, terán que ser reformulados para adaptarnos ás novas medidas de seguridade e poder seguir traballando estes aspectos tan importantes da educación. Este blog, será a nosa principal canle de comunicación, a través da cal impulsaremos as nosas inciativas e compartiremos os resultados das mesmas con todos vos, onde a música por suposto, será o fío conductor de todo o proxecto. O Equipo de convivencia, formado este ano p