Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

O Peque Coro e a Música pola Paz

Imaxe
O 30 de xaneiro de 2011 chegou a maxia ao Xan Viaño. Celebrábase a primeira edición de Música pola Paz , e nela tiña lugar a presentación pública do Peque Coro . No seu estreo, apenas 20 nenos e nenas, con Catuxa Pita Evia, pianista e directora do Peque Coro, encheron de ilusión o escenario do noso auditorio. Pouco despois, incorporouse como pianista Alexandra Pita, formando xunto con Catuxa, o equipo perfecto para levar adiante o marabilloso proxecto do Peque Coro , cunha ilusión que non parou de medrar en ningún momento ata que a pandemia chegou. Foron pasando os anos, dez para ser exactos, e o Peque Coro nunca faltou aos concertos de Música pola Paz , celebrando o 30 de xaneiro do 2020 o X Música pola Paz e o décimo aniversario do Peque Coro. Cada 30 de xaneiro o Peque Coro tiña un dos seus concertos máis especiais de todo ano.  Concertos se cabe máis especiais, ao estrear obras de amigos e compañeiros como Begoña Álvarez, Lucinio Medel e Alma Cendán.  Chegou o Día da Paz e encól

As cores da paz

Imaxe
Emocionante o vídeo que nos achegan os nenos de cuarto de grao elemental do Xan Viaño! Sempre é lindo escoitar as voces dos nenos e nenas, pero aínda máis nestes tempos de pandemia, ata nos fan chorar. Os nosos nenos de cuarto interpretan Over the Rainbow, considerada por moitos unha das cancións máis grandes do século XX e que se converteu nun símbolo dos desexos e soños da xente. Grazas por compartir con nós estas lindas voces e esta mensaxe de esperanza. Grazas tamén á súa profe de linguaxe musical Catuxa Pita, polo seu inmenso traballo e a súa incansable labor. Nalgún lugar do arco da vella soan as voces destes nenos e nenas!

Música pola Paz 2021

Imaxe
 Achégase o día 30 de xaneiro, día da Paz, e hoxe recibimos unha mensaxe chea de sentimentos e moita emoción.   Alumnos e alumnas do Xan Viaño, defensores da paz, dedícannos unhas verbas moi especiais onde destacan o papel da música como instrumento de tolerancia, de solidariedade, de concordia e respecto aos Dereitos Humanos. Moitas grazas a todos os alumnos e alumnas participantes: Sara Gil Vigo, Claudia Zhu Díaz Casas, Sofía Ferreiro Becerra, Antía Iglesias Fariña, Aitana López Caaveiro, Alicia Iglesias Fernández, Lara Lorenzo Hernández, Noa Nistal Liñares, David Nistal Liñares, Tala Sofía Galisteo Aguilar, Sara Pena Gómez, Alexandre Liñeira Núñez, Carmen García de Paredes Dupuy, Candela Rañal Parajó, Daniela Redondo Romero, Noa Cortizas Fernández e Ainhoa Sanmiguel Pintor, pola vosa homenaxe en equipo, á nosa querida Música pola Paz 2021.

Pau Casals, embaixador da música pola paz

Imaxe
Se hai un músico que ademáis de destacar como intérprete sexa recoñecido pola súa defensa da paz, da democracia, da liberdade e dos dereitos humanos, sen dúbida ese é Pau Casals. Considerado internacionalmente como un dos mellores violonchelistas de todos os tempos, consagrou tamén a súa vida á loita pola paz, a xustiza e a liberdade. Esta incansable loita levouno a ser nominado ao Premio Nobel da Paz e a recibir prestixiosas condecoracións como a Medalla da Paz da ONU. Transcribimos do inglés ao galego parte do emocionante discurso que pronunciou Casals cando recibiu a medalla da Paz da ONU: "Este é o maior honor que recibín na miña vida. A paz foi sempre a miña maior preocupación. Xa na miña infancia aprendín a amala. A miña nai - unha muller excepcional - cando eu era neno, xa me falaba da paz, porque naqueles tempos había moitas guerras…. Hai moitos anos que non toco o violoncello en público, pero creo que debo facelo nesta ocasión. Tocarei unha melodía do folclore catalán:

Estamos de volta!

Imaxe
Pois sí, estamos de volta e con toda a ilusión do mundo preparando xa un dos días grandes do ano para este Equipo de Dinamización da Convivencia, o 30 de xaneiro, día da non violencia e paz. Todos os concertos e actividades que todos estes anos tiñan lugar no conservatorio para conmemorar tal data, trasladaranse a este blog. Para ir abrindo boca, propoñémosvos estas dúas fermosas curtametraxes, que son todo un canto á tolerancia e á amizade.

O Xan Viaño nas Residencias de maiores de Ferrol

Imaxe
A piques de rematar as nosas vacacións de Nadal no conservatorio, compartimos con todos vós, as fotos e mensaxes de agradecemento e agarimo que nos foron chegando dos nosos amigos e amigas das residencias de maiores de Ferrol tras o visionado do concerto virtual de Nadal que preparamos con tanta ilusión para eles.  O Equipo de Convivencia do conservatorio está moi satisfeito polo resultado da iniciativa, tanto polo interese e participación do alumnado e profesorado do centro, como pola boa acollida nos centros de maiores de Ferrol, que sempre nos tratan con tanto cariño. Tiñamos medo de como resultaría, ao non poder facer o concerto de xeito presencial, pero dende os centros nos trasladaron que a actividade foi todo un éxito, e que os maiores gozaron da nosa música e as nosas mensaxes de benquerenza e ánimo neste momentos tan difíciles para todos, pero especialmente tan complicados para eles . O Xan Viaño na Residencia DOMUSVI de Ferrol https://www.domusvi.es/blog/residencia-ferrol/bon