As cores da paz




Emocionante o vídeo que nos achegan os nenos de cuarto de grao elemental do Xan Viaño!


Sempre é lindo escoitar as voces dos nenos e nenas, pero aínda máis nestes tempos de pandemia, ata nos fan chorar.


Os nosos nenos de cuarto interpretan Over the Rainbow, considerada por moitos unha das cancións máis grandes do século XX e que se converteu nun símbolo dos desexos e soños da xente.


Grazas por compartir con nós estas lindas voces e esta mensaxe de esperanza. Grazas tamén á súa profe de linguaxe musical Catuxa Pita, polo seu inmenso traballo e a súa incansable labor.


Nalgún lugar do arco da vella soan as voces destes nenos e nenas!

Comentarios

  1. Grazas ao Equipo de Dinamización da Convivencia por manter a ilusión no noso conservatorio nestes tempos. Este ano non podemos celebrar o Día da Paz co concerto que tódolos anos organizabades con esmero, mais o desexo de compartir música lévanos a buscar outros camiños.

    Parabéns aos nenos e nenas de 4º GE...cada vez que os escoito, volven emocionarme

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Catuxa pola vosa participación nesta conmemoración do Día da Paz.
    Que emocionante escoitar aos nenos e nenas de 4º GE de Linguaxe musical, nesta versión tan especial de Over the Rainbow!!
    Unha vez máis, parabéns e grazas!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M

Música Mestra!