Pau Casals, embaixador da música pola paz
Se hai un músico que ademáis de destacar como intérprete sexa recoñecido pola súa defensa da paz, da democracia, da liberdade e dos dereitos humanos, sen dúbida ese é Pau Casals.
Considerado internacionalmente como un dos mellores violonchelistas de todos os tempos, consagrou tamén a súa vida á loita pola paz, a xustiza e a liberdade. Esta incansable loita levouno a ser nominado ao Premio Nobel da Paz e a recibir prestixiosas condecoracións como a Medalla da Paz da ONU.
Transcribimos do inglés ao galego parte do emocionante discurso que pronunciou Casals cando recibiu a medalla da Paz da ONU:
"Este é o maior honor que recibín na miña vida. A paz foi sempre a miña maior preocupación. Xa na miña infancia aprendín a amala. A miña nai - unha muller excepcional - cando eu era neno, xa me falaba da paz, porque naqueles tempos había moitas guerras…. Hai moitos anos que non toco o violoncello en público, pero creo que debo facelo nesta ocasión. Tocarei unha melodía do folclore catalán: El cant dels ocells (O canto dos paxaros). Os paxaros, cando están no ceo, van cantando: “Peace, peace, peace” (paz, paz, paz) e é unha melodía que Bach, Beethoven e todos os grandes terían admirado e querido. E, ademáis, nace da alma do meu pobo, Cataluña".
Casals tamén manifestou públicamente a súa oposición ao réxime franquista, e dende o exilio e entre outras moitas cousas, nunca deixou de loitar polo acceso da clase traballadora aos estudos de música.
Deixámosvos unha gravación do seu Cant dels ocells, que se convertiu nun himno de paz, e un documental sobre a súa figura como músico na procura da paz.
Comentarios
Publicar un comentario