O Xan Viaño nas Residencias de maiores de Ferrol

A piques de rematar as nosas vacacións de Nadal no conservatorio, compartimos con todos vós, as fotos e mensaxes de agradecemento e agarimo que nos foron chegando dos nosos amigos e amigas das residencias de maiores de Ferrol tras o visionado do concerto virtual de Nadal que preparamos con tanta ilusión para eles. 

O Equipo de Convivencia do conservatorio está moi satisfeito polo resultado da iniciativa, tanto polo interese e participación do alumnado e profesorado do centro, como pola boa acollida nos centros de maiores de Ferrol, que sempre nos tratan con tanto cariño. Tiñamos medo de como resultaría, ao non poder facer o concerto de xeito presencial, pero dende os centros nos trasladaron que a actividade foi todo un éxito, e que os maiores gozaron da nosa música e as nosas mensaxes de benquerenza e ánimo neste momentos tan difíciles para todos, pero especialmente tan complicados para eles.

O Xan Viaño na Residencia DOMUSVI de Ferrol

https://www.domusvi.es/blog/residencia-ferrol/bonito-y-emocionante-concierto-del-conservatorio-xan-viano-de-ferrol/





O Xan Viaño na Residencia de Maiores de Caranza











O Xan Viaño na Residencia Mi Casa de Ferrol





Moitísimas grazas a tod@s!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +