A nova árbore de Música Mestra!

A árbore que preside as escaleiras do noso conser dende fai xa moitos anos, volveuse inclusiva e sensible coa igualdade de xénero entre homes e mulleres, incluíndo agora tamén o nome de mulleres compositoras.

Como iniciativa de Música Mestra! encabezada pola profe de violín María José Pámpano, realizouse unha intervención artística, engadindo os nomes de mulleres compositoras que tamén merecen ser visibles polo seu papel na historia da música. Anteriormente a árbore estaba formada unicamente por nomes de homes, polo que era preciso romper con estereotipos e realizar esta creación artísticas como análise, concienciación e visibilización do papel da muller na música.

A través dun traballo colaborativo entre alumnado e profesorado, fomos completando a árbore ata quedar así de fermosa e renovada.
Grazas a todo o alumnado por colaborar na colocación dos nomes e por axudar visibilizar a igualdade entre homes e mulleres. 
Moitas grazas a María José Pámpano, por realizar a selección de mulleres compositoras e liderar a iniciativa. Grazas á profe de canto Carolina Pérez, por atreverse a subir ata o máis alto para completar a nosa árbore de Música Mestra!.

A partir de agora, cada vez que subamos polas escaleiras do conser, lembraremos que no Xan Viaño e na música, non hai barreiras de xénero. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M

Música Mestra!