A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!




Hoxe compartimos un dos momentos máis especiais vividos dentro dos nosos recitais de Música Mestra! polo Día da Muller. Trátase da interpretación de La vie en rose canción emblemática da música francesa, con letra escrita pola cantante, compositora e actriz Édith Piaf, a cargo da orquestra profesional do Xan Viaño o pasado 11 de marzo.

Aínda que non ao completo polas restricións Covid, a orquestra volveu ao escenario despois de dous anos por mor da pandemia, e o público emocionouse enormemente neste reencontro musical tan esperado.

Moitas grazas aos directores da orquestra Quique Agrelo e Jose Folgueiras, por participar no noso proxecto Música Mestra! e axudarmos a visibilizar o papel da muller na historia da música implicando a toda a comunidade educativa.

Moitas grazas ao alumnado participante, e parabéns a todos e todas por manter a motivación nestes tempos tan complicados que vivimos, especialmente para a cultura e a música.

Grazas tamén a Suso Iglesias, coordinador do Equipo Tics, pola gravación e edición do vídeo e por apoiarnos sempre nas nosas iniciativas.

Esperamos que a partir de agora, a normalidade nos permita recuperar plenamente as grandes agrupacións do conservatorio, e volver a ver moi pronto a nosa orquestra no escenario, compartindo a súa música con todos nós e participando en novas iniciativas a prol da igualdade e visibilización da muller na música.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M