Aniversario do nacemento de J.S. Bach

 

Hoxe 31 de marzo, conmemórase o aniversario do nacemento de Johann Sebastian Bach, un dos grandes compositores da historia da música. Bach, gran maestro do Barroco cunha obra extensísima de gran beleza e perfección, serviu de inspiración ás xeracións posteriores de compositores ao longo da historia. 

O repertorio de Bach, está sempre presente nas nosas ensinanzas no conservatorio, dende os niveis elementais ata os profesionais. Neste ano, no que botamos tanto en falta as audición que realizamos no noso auditorio, queremos renderlle un pequeno homenaxe nesta data tan especial, compartindo un vídeo de Jorge Orosa López, alumno de violoncello do conservatorio, onde interpreta a Giga da Suite nº 2 de Bach. 

Parabéns Jorge pola túa fermosa interpretación e moitas grazas por compartirlo con todos nós!

Bach sen dúbida, une a todos os músicos de todos os estilos, todos os tempos e todas as xeracións!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +