Máis Música Mestra!

 

A semana pasada saía a resolución definitiva de centros admitidos nos programas do Plan Proxecta +, e de novo o Xan Viaño estaba entre os elixidos, participando un ano máis no programa Donas de si, de temática de igualdade. 

Máis Música Mestra! é o noso proxecto deste curso, que da continuidade ao iniciado anos atrás no centro, coa finalidade de dar visibilidade á vida e á obra das mulleres compositoras e mulleres importantes na historia da música. A través de Máis Música Mestra!, afondaremos no recoñecemento destas mulleres que loitaron pola igualdade de xénero, nun mundo cheo de paradigmas marcados pola desigualdade e os estereotipos de xénero, e que deben servir como fonte de inspiración para as novas xeracións.

Novas ideas e novas iniciativas... que comece... Máis Música Mestra!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista

Música Mestra! 8M 2022. Música de Avelina Valladares

Música Mestra! Música de Cécile Chaminade