Homenaxe a Antón García Abril


 
A piques de rematar o curso 2020-2021, queremos renderlle unha pequena homenaxe ao compositor  falecido o pasado mes de marzo, Antón García Abril.

Antón García Abril (Teruel, 19 de maio de 1933 – Madrid, 17 de marzo de 2021) foi un compositor e músico español, autor de música orquestral, música de cámara, obras vocais e bandas sonoras. 

Unha das súas obras máis coñecidas para piano, e programada frecuentemente nos conservatorios nos primeiros cursos polo seu valor pedagóxico, é Cuadernos de Adriana, unha colección de 42 pezas para nenos e nenas distribuídas en 3 volumes. Antón García Abril, compuxo este proxecto cando os seus fillos comezaron a estudar música, co obxectivo de aproximar aos nenos e nenas dende o piano, ao estudo da música. 

Como homenaxe a súa figura, compartimos os vídeos dos nosos pianistas de grado elemental, alumnado das profesoras Judith Fernández, Alexandra Pita e Alma Cendán, interpretando cinco fermosas pezas de Cuadernos de Adriana:

Sofía Ferreiro Becerra. Piano 2º GE. Nocturno de Cuaderno de Adriana Vol. II.

Noa Nistal Liñares. Piano 2º GE. Canción Oriental de Cuaderno de Adriana Vol. I.

Elio Marino. Piano 2º GE. Sonatina de las amapolas de Cuaderno de Adriana Vol. I.

María Teresa Fojo. Piano 1º GE. Sobre patines de Cuaderno de Adriana Vol. I.

Tala Sofía Galisteo Aguilar. Piano 2º GE. A tu lado de Cuaderno de Adriana Vol. II.





Moitísimas grazas a estes pequenos grandes pianistas por participar nesta iniciativa en lembranza de Antón García Abril.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M

Música Mestra!