Heroes e heroínas do Xan Viaño! Parabéns!

 

Parabéns a todos os alumnos e alumnas de 6º GP que rematan os seus estudos no conservatorio! É todo un orgullo despedir a este alumnado, que sempre formará parte do Xan Viaño!

O equipo de convivencia realizou para esta ocasión especial, un vídeo de despedida adicado a estes heroes e heroínas do Xan Viaño, merecedores de todo o noso recoñecemento. Esperamos que gocedes do vídeo!


Tamén compartimos a homenaxe que a profesora Soraya García Riveiros, quere adicarlle a todo o alumnado de 6º GP a través da seguinte presentación, chea de lembranzas e mensaxes de ánimo.


Desexámosvos todo o mellor nesta nova etapa que comezades! Parabéns!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +