Javier Vázquez Grela en Música Mestra!

 O pasado venres tivemos a sorte de escoitar no noso auditorio ao gran pianista Javier Vázquez Grela, que colaborou con nós no noso proxecto Música Mestra!

Javier Vázquez Grela, pianista cunha enorme traxectoria tanto como solista como pianista acompañante, ofreceunos un recital integramente de música de mulleres compositoras históricas e actuais, no que puidemos escoitar música de Maria Theresia von Paradis, Clara Wieck, Gloria Rodríguez Gil, María Mendoza, Rosa García  Ascot e Galina Ustvolskaya.

Parabéns Javier por este proxecto tan importante para visibilizar a música das mulleres compositoras, moitas veces esquecida e inxustamente descoñecida, e moitísimas grazas por achegarte a Ferrol para compartilo con nós.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +