Música Mestra! Música de Marie Jaëll
Hoxe compartimos unha gravación en directo, realizada o pasado mércores día 9 de marzo nos recitais de Música Mestra! no noso conservatorio.
Trátase da derradeira obra interpretada no recital das 17:00 h, un fermoso vals da compositora Marie Jaëll nas 4 mans do Dúo octavas, formado polas pianistas Aitana López Caaveiro e Claudia Zhu Díaz Casas, de 5º GP e 4ºGP respectivamente.
Marie Jaëll (1846-1925) foi unha pianista, compositora e pedagoga francesa. Foi unha nena prodixio, que estudou en Alemaña e tamén no conservatorio de París, onde acadou o Primeiro Premio en 1962.
En 1866 casou co pianista Alfred Jaëll, do que tomou o seu apelido, e no seu círculo de amizades atopábanse grandes músicos como Brahms, Liszt e Rubinstein.
Marie Jaëll recibiu clases de composición de César Franck e Camile Saint-Saëns, e tamén adicou a súa vida ao estudio da técnica pianística.
Compuxo pezas para distintos instrumentos, como por exemplo o Concerto para violoncello en Fa Maior, Impromptu para piano, Bagatelles, Valses para piano a catro mans, concertos, cuartetos…
Quedémonos coa frase que o gran Franz Liszt dixo sobre ela: Marie Jaëll ten o cerebro dunha filósofa e os dedos dunha artista
Moitísimas grazas a Aitana e a Claudia, e a súa profesora Alexandra Pita, por achegarnos a música desta gran compositora para moitos descoñecida.
Comentarios
Publicar un comentario