Música Mestra! con Jorge Genó e as compositoras cubanas


 O pasado martes viaxamos a Cuba da man de Jorge Genó, profesor de piano do conservatorio, a través dun fermoso recital de música de mulleres compositoras cubanas. Puidemos escoitar as Miniaturas rítmicas cubanas de María Matilde Alea, a Suite cubana para piano e Dancitas de ayer de María Enma Botet e para finalizar a fermosa peza Fusión de almas de María Cervantes. Ademais desta música marabillosa, Jorge compartiu co público información sobre a vida e obra destas mulleres tan importantes en Cuba, así como a proxección das propias partituras, para facer o recital aínda máis didáctico.

Moitísimas grazas a Jorge Genó por participar no noso proxecto Música Mestra! do programa Donas de si, e axudarnos a visibilizar o papel da muller na historia da música, e especialmente por darnos a oportunidade de coñecer e escoitar esta fermosa música das mulleres compositoras cubanas. De seguro que estas pezas tan especiais, pequenos tesouros musicais, de agora en diante comezarán a programarse e formar parte do repertorio dos nosos alumnos e alumnas do Xan Viaño.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M

Música Mestra!