Música Mestra! Música de Lili Boulanger
Seguimos recibindo vídeos de música de compositoras para o noso proxecto de Música Mestra!
Nesta ocasión trátase de música de Lili Boulanger, na interpretación de Álex Armán Vilariño, alumno de piano de 4º GP.
Lili Boulanger (1893-1918) foi unha compositora francesa que dende moi pequena destacou polas súas habilidades musicais. O seu primeiro profesor de piano e amigo da familia, foi Gabriel Fauré, e Lili foi a primeira muller en gañar o prestixioso Premio de Roma de composición.
Desgraciadamente dende pequena tivo moitos problemas de saúde, e faleceu moi nova, con soamente 24 anos.
A súa obra mantívose e perdurou grazas a súa irmá Nadia, que se encargou de protexer o seu legado, aínda que moitas das súas obras se perderon ou foron destruídas.
Nesta gravación de Álex Armán, podemos escoitar a obra D´un vieux jardin, escrita no 1914.
Moitísimas grazas a Álex por participar no noso proxecto e pola gravación e montaxe do vídeo, e poder así compartir no Xan Viaño a música desta gran muller compositora que a pesar da súa curta vida, tivo unha produción tan importante e merecedora de ser coñecida. Grazas tamén ao seu profesor Miguel Sancho, por colaborar con nós neste proxecto de visibilización das mulleres compositoras.
Comentarios
Publicar un comentario