Música Mestra! 8M 2022. Música de Avelina Valladares
Iniciamos a semana do 8M, Día da Muller, unha semana chea de homenaxes e concertos adicados ás nosas mulleres compositoras!
A primeira homenaxe desta semana é a gravación da fermosa Dancita "La Soledad" da compositora galega Avelina Valladares, interpretada por Iago Miño Garrido, alumno de guitarra de 2º GE.
Avelina Valladares Núñez, nada en Vilancosta (A Estrada) no 1825 e finada en 1902, foi unha escritora galega, e unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita, e empregou o galego como lingua dalgúns dos seus poemas. Era irmá do escritor Marcial Valladares e dende as súas conviccións relixiosas, foi unha loitadora da defensa dos dereitos humanos, cunha vida sempre ao servizo dos demais.
Cabe destacar a fonte da partitura, a tese doutoral de Isabel Rei Samartim, lámina 292 (folla solta do fundo Valladares), guitarrista e investigadora que tivemos a sorte de escoitar o pasado mes de xaneiro.
Comentarios
Publicar un comentario