Feliz Día Universal do Neno!

 Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día Universal do Neno,  data na que a Asamblea Xeral da ONU, aprobou a Declaración dos Dereitos dos Nenos no ano 1959 e na que se realizou a Convención sobre os Dereitos dos Nenos no 1989. 

 Neste día tan especial debemos recordar, que todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito á saúde, á educación e á protección, aínda que na realidade, tristemente, moitos pequenos e pequenas están a sufrir inxustizas, pobreza e desigualdade.

 Pero hoxe, queremos quedarnos coa celebración alegre deste día, e imos a facelo, como non, con música!

 Na música clásica hai moitas obras adicadas e inspiradas na infancia, como por exemplo Children's Corner de Claude Debussy, Kinderszenen Op.15 de Robert Schumann, Children's Carnival Op. 25 da compositora e pianista estadounidense Amy Beach, The young person's Guide to the Orchestra de Benjamin Britten, Pedro e o Lobo de Sergéi Prokófiev ou o Carnaval dos animais de Camille Saint-Säens.

 Deixámosvos a continuación, algúns enlaces das mesmas, para que gocedes con estas obras inspiradas nos máis pequenos. E agora a vosa quenda... coñecedes máis obras clásicas relacionadas cos nenos? Animámosvos a que as compartades nos comentarios do blog.

 Dende Convivencia queremos adicar esta música tan fermosa, a todos os nenos e nenas do noso conservatorio, que fan un gran esforzo todos os días para  poder compaxinar os estudos de ensino obrigatorio cos musicais, sacando a veces tempo de onde non o hai.

A todos vós, nenos e nenas do Xan Viaño... Feliz Día Universal do Neno!












Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M

O Xan Viaño nas Residencias de maiores de Ferrol