Adeus a Pedro Iturralde.

 Este pasado domingo 1 de novembro falecía aos 91 anos de idade o gran saxofonista e compositor navarro Pedro Iturralde, unha das grandes figuras do jazz español, que tivo ao longo da súa carreira profesional unha chea de éxitos e recoñecementos mundiais.

 Hoxe como pequena homenaxe, queremos recordar unha actuación memorable de dous profesores do noso conservatorio, David Sanmartín (Saxofón) e Alexandra Pita (Piano) no concerto celebrado no Auditorio de Ferrol o 28 de abril do 2018, onde interpretaron a Suite Helenique de Pedro Iturralde. Esperamos que gocedes da música do mestre Iturralde, recordando esta fantástica interpretación.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recital poético

Día mundial da auga!

Exposición Máis Música Mestra!: Mulleres na Música de Cris Nogales