22 de novembro, Santa Icía, patroa dos músicos

 Tal día como hoxe, 22 de novembro, celébrase o día de Santa Icía, universalmente recoñecida como patroa dos músicos. 


 Con tal motivo, un dos profesores do Xan Viaño, Jose Luis Vázquez Lorenzo, “Lorenzo”, impulsaba o ano pasado, un concerto de profesores moi especial. 


 Enrique Agrelo Otero (violín), Alejandro Cubero Suárez (piano), Paula Expósito Villar (frauta), Rosa Fernández Valdivieso (violín), Jose Folgueiras López (viola), Jorge Ricardo Genó Alonso (piano), Mariola Gil Lago (clarinete), Soraya García Riveiros (frauta), Ximo Pallás (contrabaixo), Iván Pantín Vázquez (tuba), Alexandra Pita Evia (piano), Iria Rico Fernández (violín), Isabel Sanjuán Pérez (violín), Mónica Silva García (viola), Francisco San Ramón Calvo (clarinete), Emma Urango Muelas ( violoncello), Jose Luis Vázquez Lorenzo (clarinete) e Daniel Veiga  Roca (clarinete) uníanse á proposta inmediatamente.



 A cita foi todo un éxito, e a acollida dos alumnos e alumnas, como sempre nestas ocasións, insuperable. Foi especialmente emocionante escoitar ao Departamento de corda tocando todos xuntos!


 Este ano as circunstancias non permiten organizar outro concerto así, mais de seguro, volveremos, con todas as ganas e toda a forza do mundo. Compartiremos vivencias, e como non, música!


 O equipo de convivencia quere agradecer a Lorenzo a súa bonita iniciativa e tamén ternos facilitado esta montaxe fotográfica.


Feliz día de Santa Icía!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M

O Xan Viaño nas Residencias de maiores de Ferrol