Música Mestra! Música de Cécile Chaminade

A piques de rematar o curso, seguimos compartindo música de mulleres compositoras, neste caso da compositora francesa Cécile Chaminade.

Cécile Chaminade naceu en París no 1857 e faleceu e Mónaco no 1944. Recibiu as primeiras leccións de piano da man da súa nai, que era pianista e cantante, e con 8 anos Cécile xa compoñía música relixiosa. Ademais de compositora, foi unha gran pianista, realizando concertos por toda Europa  e incluso por Estados Unidos, onde adquiriu moito éxito e popularidade.

Recibiu moitos premios, como o da Légion d´Honneur francesa en 1913, que por primeira vez foi concedido a unha muller compositora. 

Cécile Chaminade é sobre todo coñecida polas súas pezas para piano de gran expresividade e lirismo, como podemos escoitar en Idylle, peza do Album des enfants, neste caso na interpretación de Sandra Dopico Casal, alumna de 5º GP de piano complementario.

Grazas a Sandra por colaborar co proxecto Música Mestra! baixo a supervisión da súa profesora Alma Cendán, e compartir así esta música tan especial das mulleres compositoras da historia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +