IV Parladoiro do Xan Viaño
Onte pola tarde tivemos a grandísima sorte de celebrar un ano máis o noso parladoiro.
Grazas a Dani, Nera, Ali, Jorge e Rita que compartiron con todos nós as súas experiencias e os seus consellos para axudar ás futuras xeracións do Xan Viaño.
Sempre é un motivo de ledicia que os antigos alumnos e alumnas volvan á súa casa, o Xan Viaño, e nesta ocasión énchenos de orgullo que sigan colaborando co profesorado e alumnado deste centro.
Emociónanos escoitarvos e tomamos nota de todos os consellos!
Parabéns a todos e todas e felices festas!
Comentarios
Publicar un comentario