Música que alimenta


 Dende o vindeiro luns 12 e ata o mércores 21 levaremos a cabo no conservatorio a campaña solidaria Música que alimenta na que recolleremos alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. Precísase todo tipo de alimentos non perecedoiros, pero de xeito especial leite, aceite, augas e zumes individuais, café soluble, azucre, conservas de vexetais, froitas en almibre... que poderedes depositar no espazo que habilitaremos na entrada do conservatorio.

Nestas datas temos grandes concertos solidarios a cargo das nosas agrupacións (Peque Banda o luns 12, Banda de 1º e 2º. de grao profesional o xoves 15, Orquestra o venres 16 e Coro de Grao Profesional e Peque Coro in crescendo o mércores 21) polo que esperamos unha gran acollida desta iniciativa solidaria no Xan Viaño!

Agardamos a colaboración de toda a comunidade educativa! Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +