Recitais nas residencias de maiores de Ferrol


 Por fin este Nadal puidemos retomar os nosos concertos solidarios nas residencias de maiores de Ferrol, concretamente nos centros DomusVi, Mi Casa e a residencia de Caranza. Sentímonos moi emocionados ao poder volver a compartir a nosa música cos nosos maiores de forma presencial e desexarlles un bo Nadal e  un feliz 2023.

Nos recitais participou alumnado de piano, violín, trombón e frauta e resultou coma todos os anos unha experiencia moi enriquecedora para todos, maiores e pequenos, que vai moito máis aló do musical.

Dende convivencia queremos dar as grazas a todo o alumnado participante e tamén a Iria profe de violín, Joe profe de trombón e aos profes de piano Miguel, Alexandra e Alma, por animar aos seus alumnos e alumnas a unirse a esta iniciativa tan fermosa nas residencias de Ferrol onde todos os anos nos tratan con tanto cariño.

Deixámosvos algunhas fotos como pequena mostra de todo o vivido nestes recitais.

Bo Nadal e feliz ano novo! 


























Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +