Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +
Temos unha boa nova que compartir con toda a comunidade educativa: o CMUS Xan Viaño foi seleccionado para participar no Plan Proxecta +, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial, pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Como recolle a Consellería na súa convocatoria, trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado.
O noso centro foi seleccionado neste programa a través de dous proxectos: Música Mestra! e O galego é música.
O noso proxecto Música Mestra!, que iniciamos dende o Equipo de Dinamización da Convivencia fai uns anos, encaixa á perfección no programa do Plan Proxecta + Donas de si, de temática de igualdade. Música Mestra!, busca dar a coñecer o papel da muller na historia da música, así como reivindicar ás mulleres na música, como en calquera outro sector. As diferencias entre homes e mulleres no mundo da música clásica e do arte en xeral ao longo da historia son abismais, sendo moitas mulleres inxustamente descoñecidas e esquecidas.
A través deste proxecto, e mediante a realización de moitas iniciativas que organizaremos ao longo do curso, aproximarémonos á figura de mulleres relevantes da música que forman parte da nosa historia e da nosa bagaxe artística e cultural, co fin de cambiar os paradigmas marcados pola desigualdade e os estereotipos de xénero, que lamentablemente aínda prevalecen en moitos ámbitos da música e da sociedade actual.
Para conseguir esta visibilización e coñecemento destas mulleres relevantes ao longo da historia, no noso conservatorio, precisamos a implicación de toda a comunidade educativa: docentes, alumnado, familias…
Contamos contigo!! Música Mestra!!
Comentarios
Publicar un comentario