III Parladoiro do Xan Viaño


Un ano máis o Equipo de Dinamización da Convivencia ten o orgullo e o pracer de convidar a todo o Xan Viaño a unha nova edición do noso parladoiro.

Unha xornada na que desfrutar escoitando os nosos antigos alumnas e alumnas aconsellando e compartindo as súas experiencias coas futuras xeracións.

Unha oportunidade tamén para todo o profesorado de reencontrármonos cos que foron alumnos e alumnas nosas.

Todos os interesados en asistir contactade con nós no noso correo: convivenciaxanviano@gmail.com

A continuación compartimos este fermoso vídeo-presentación do Parladoiro, realizado pola profesora Catuxa Pita. 

Sen dúbida será emocionante, non te perdas o III Parladoiro do Xan Viaño!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +