As mulleres pisan forte - Música Mestra! 25N

Hoxe, 25N queremos conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller recordando a todas as mulleres que ao longo da historia loitaron pola liberdade e igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Queremos tamén recoñecer e reivindicar o papel da muller na historia da música, onde as compositoras e músicas tivérono especialmente difícil á hora de poder desenvolver plenamente todo o seu talento artístico. 

Estes días podedes ver na cristaleira do conservatorio, o piano de Música Mestra!, unha humilde homenaxe a todas as mulleres compositoras, moitas delas, inxustamente descoñecidas. Desexamos que pouco a pouco a súa obra sexa recoñecida como se merece, e se instaure no repertorio das programacións didácticas dos conservatorios, pois sen lugar a dúbida, esta música de mulleres merece ser interpretada e ser escoitada.

A través do vídeo Música Mestra! 25N, realizado polo Equipo de Convivencia, queremos tamén presentar as nosas Pioneiras do Xan Viaño 21/22, alumnas que escolleron a especialidade instrumental que elas quixeron, sen ter en conta os prexuízos que lamentablemente aínda prevalecen en moitos ámbitos da música e da nosa sociedade actual. Estas alumnas - Mariña, Eva, Irene, Carmen e Candela - son un exemplo máis, de que a música é unha linguaxe universal que non entende de desigualdade. 

As mulleres pisan forte! Música Mestra!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

Música Mestra!

O alumnado de frauta do Xan Viaño co 8M