Certame Intercentros no noso auditorio!
Representantes dos conservatorios de Galiza achegáronse ao noso centro para compartir a súa música.
O Equipo de Dinamización da Convivencia non quere deixar pasar este día sen felicitar aos dous representantes do Xan Viaño, Álex Armán Vilariño (piano) e Aitana López Caaveiro (frauta) que tiveron unha excelente participación, e como non, ao resto dos participantes.
Parabéns!
Resultados da Fase Autonómica de Galicia:
– Primeira clasificada: Alba García García, trompeta, Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
– Segunda clasificada: Paula Diz Parrondo, violín, Conservatorio Profesional de Música «Manuel Quiroga» de Pontevedra.
– Terceiro clasificado (ex aequo): Álex Armán Vilariño, piano, Conservatorio Profesional de Música «Xan Viaño» de Ferrol & Manuel Luis Folgueiras Louzao, fagot, Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
Parabéns a todos os participantes!
Comentarios
Publicar un comentario