25 de abril sempre!
O 25 de abril celébrase a caída do fascismo e hai dúas cancións, Grândola Vila Morena e Bella Ciao que son todo un símbolo e himnos de liberdade.
O ano pasado, no confinamento máis duro, as nenas e nenas do Peque Coro do Xan Viaño celebraban o 75 aniversario da liberación do fascismo en Italia, gravando cada un dende a súa casa Bella Ciao.
Hoxe recordamos o 25 de abril de 2020 coa montaxe que fixo Catuxa Pita e celebramos este día, esperando que en breve poidamos celebrar esta data coa volta do Peque Coro e a súa versión para celebrar o 50 aniversario da Revolução dos Cravos.
Comentarios
Publicar un comentario