Día mundial da auga!

Dende o 2015 o mundo comprometeuse como parte da Axenda 2030, coa promesa de ter todos e todas auga e saneamento, xestionados de forma segura para 2030. A día de hoxe, seguimos moi moi lonxe de logralo….

Os compositores e compositoras ao longo da historia sentiron unha gran fascinación pola auga e non son poucas as obras que temos que así nolo demostran. Hoxe, grazas ao noso alumno, Álex Armán, conmemoramos este día con música de Maurice Ravel e os seus Xogos de auga.

Grazas Álex!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recital poético

Exposición Máis Música Mestra!: Mulleres na Música de Cris Nogales

Daniel Zacarés, Concerto de piano, Máis Música Mestra!